Páginas

viernes, 20 de mayo de 2022

 


20 de mayo 



INSERCIONES PROMOCIONADAS 

POR LOS ESTUDIANTES 

DE 4 ESO B


          ERMIDA DA NOSA SEÑORA DO MONTE FARO


No corazón de Galicia atópase a Serra do Faro, serra que divide as provincias de Pontevedra e Lugo. O seu punto máis alto é o Monte do Faro, 1.181 m, e divide os concellos de Rodeiro e Chantada. A poucos metros deste, noutro promontorio de 1155 m, xa no concello lugués de Chantada, está o Campo da Festa, onde se sitúa a Ermida da Nosa Señora do Faro


Este Monte do Faro foi dende tempos remotos lugar de consagración de ritos pagáns e lugar probable da existencia dalgunha atalaia galaico-romana, como o demostran os achados dalgunhas moedas do Baixo Imperio da época de Diocleciano. O seu estado estratéxico converteu este lugar nun magnífico miradoiro para controlar o paso entre o Conventus Lucensis e o Bracarensis. Porén, a súa gran altura fixo que as condicións de vida fosen moi adversas para manter algún tipo de asentamento permanente e por iso é doado que durante a historia só existisen aquí destacamentos ou templos temporais.

 

Hoxe érguese unha ermida na honra da Virxe do Faro de gran devoción na comarca e en toda Galicia. Polas escavacións do século XVIII sábese que existiu un templo anterior de orixe quizais románica, construído sobre outro aínda máis antigo, de orixe quizais pagá. Coñecemos a vontade de cristianizar estes cultos por parte da Igrexa católica ao longo da súa historia, como acontece en moitos puntos da xeografía galega.

 

El actual templo es de la segunda mitad del siglo XVII con reformas en los siglos posteriores. Ya a principios del siglo XIX (1805), el Obispo de Lugo, Felipe Peláez ordenó la demolición de la capilla para sufragar los gastos de las luchas contra los franceses. Más adelante se volvió a reconstruir y a recuperar la romería cuyos orígenes se pierden en los tiempos. La iglesia es de planta de cruz latina con cubierta de madera a dos aguas. El prebisterio está formado por bóveda de cañón y se encuentra dividida en tres tramos por cuatro pilastras con arco de medio punto. Los muros son de mampostería y sillería de granito y pizarra. Destaca en el interior el retablo mayor neoclásico obra de Tomás Figueroa Rodríguez.

 

Diante da igrexa hai unha espectacular cruz de pedra coa escena da crucifixión de Cristo. O 8 de setembro celébrase unha espectacular romaría na honra da Virxe do Faro, onde conflúen devotos das catro provincias galegas. Nela a Virxe, coñecida como “A Filla”, é levada en procesión dende a igrexa de Santiago de Requeixo ata o Santuario do Monte do Faro, nun percorrido que alcanza os catro quilómetros. Para chegar ao alto, pásase por un Vía Crucis e pasa por varias fontes “milagreiras”. Arriba, o Campo da Festa convértese nunha gran cervexaría, con grandes carpas que acubillan grandes postos con pulpeiras e outros establecementos. As misas celébranse ao aire libre, xa que hai un altar preparado para iso. Milleiros de devotos e "festeiras" ateiga o cumio do Monte do Faro. A festa remata ao día seguinte, onde "A Filla" é devolto ao seu lugar de orixe.


 

No hay comentarios:

Publicar un comentario

      13 de enero