Páginas

martes, 24 de mayo de 2022

 


24 de mayo




Santa María da Pastoriza





Encontrase en Arteixo na provinvia da Coruña.Este fermoso santuario ten unha historia rodeada de lendas. Foi construído baixo o mandato do rei suevo Reckiario tras converterse ao cristianismo no ano 448. Despois foi destruído polos normandos no século X, pero a imaxe da Virxe salvou escondida baixo unhas pedras e foi atopada séculos despois por unha nena. que pacía gando, renovando o culto con gran devoción ata hoxe.Dende o santuario pódese ver o monte da Cruz, onde segundo a lenda estaba agochada a imaxe, un conxunto megalítico chamado Berce da Virxe.

Seguindo un antigo ritual, os peregrinos percorren tres veces as pedras do santuario e bican a imaxe da Virxe.Tamén podemos ver neste lugar os restos dun antigo castro e da “Cadeira do Rei” onde, segundo conta a lenda, o rei suevo Reckiario contemplou a cidade dos suevos.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

      13 de enero