Páginas

martes, 1 de diciembre de 2020

 

1 de diciembre



Ao igual que nos cursos pasados, ao chegar de novo as datas do Nadal, realizamos no colexio a campaña de recollida de alimentos que entregamos a Cáritas da Parroquia de Santo Tomás Becket de Caldas de Reis e tamén colaboramos co Concello para que o fagan chegar ás familias que máis o necesiten.

Tratamos con iso de fomentar no alumnado os valores humanos e cristiáns de caridade, solidariedade, cooperación e de axuda, máis necesarios que nunca nestes tempos nos que a CRISE afecta xa a moitas familias.

A campaña leva por título "Operación Quilo” e pretendemos que entre todas as persoas que integramos a Comunida-

de Educativa do Colexio S. Fermín sexamos capaces de reunir polo menos un quilo por familia.

Por esta razón propoñemos que ao longo destas semanas próximas, entre o 1 e o 22 de Decembro, cada familia que o desexe colabore con 1 quilo, litro, bolsa,… de alimentos non perecedoiros (legumes, aceite, azucre, latas, leite...). Para animar a campaña, na entrada do colexio preparamos uns recipientes, onde se poderá depositar.

Agradecendo de antemán a vosa colaboración, animámosvos a facer chegar o voso "QUILO de solidariedade" que pode entregarse nas entradas de Ed. Infantil e Primaria e ESO do colexio.


Un saúdo e moitas grazas

O EQUIPO DE PASTORAL

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario

      13 de enero